O PP de Betanzos reclama ao concello o mantemento de tres espazos urbanos

ACoruñaXa
Trátase do parque infantil, a fonte e o lavadoiro de Guiliade
parque-infantil-xogos-infantis
Imaxe de arquivo
25 Jul 2024

O PP de Betanzos solicita ao Goberno local o inmediato mantemento da fonte, o lavadoiro e o parque infantil de Guiliade, que se atopan nunha parcela no centro deste núcleo de poboación. Segundo informaron varios veciños á portavoz do Grupo municipal, Cecilia Vázquez, "a fonte está seca", trátase dun manancial moi apreciado polos residentes na zona, "o lavadoiro está colonizado pola vexetación e coa auga nun estado insalubre".

O parque infantil é outra das dotacións públicas que sofre a falta de coidados do concello. A vexetación prolifera por toda a instalación de xogos e a falta de limpeza e mantemento máis que evidente. Unha situación que prexudica ás familias da zona que vén privados de poder gozar dunha área destinada ao lecer ao aire libre.

Cecilia Vázquez visitou o domingo, acompañada de varios veciños do lugar Guiliade dentro da actividade habitual de encontros con residentes nos distintos barrios e parroquias do municipio. Un traballo que segundo a propia portavoz “É fundamental para coñecer as necesidades prioritarias en cada lugar”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17970108985901