O PP de A Coruña agradece o traballo dos Comités de Barrio para mellorar a cidade

O presidente do PP de A Coruña e portavoz municipal, Miguel Lorenzo, acompañado polo vicesecretario de Barrios e concelleiro, Gonzalo Mora, mantiveron unha reunión cos presidentes dos Comités de Barrio para agradecerlles o seu traballo fundamental na elaboración de iniciativas que se presentan no Pleno municipal e nas propostas do proxecto de cidade.
Lorenzo destacou a importancia deste labor, subliñando que os presidentes dos comités son “os ollos e os oídos do partido nos barrios, detectando problemas e achegando solucións que logo trasladamos ao Pleno municipal en forma de mocións, preguntas orais e escritas e ruegos”. O presidente do PP agradeceu o seu traballo constante, “por estar sempre aí, organizando visitas e reunións”, sinalando que estas accións son clave para a construción dunha cidade mellor e para o proxecto que buscan para A Coruña.
O portavoz popular tamén resaltou o papel decisivo dos comités á hora de recoller propostas que contribúan a facer “o mellor proxecto de cidade para recuperar a Alcaldía e para que A Coruña volva ser unha cidade cómoda, ilusionante e cun futuro esperanzador”. En contraste, criticou ao BNG, ao que cualificou de "desnortado", acusándoo de apoiar ao goberno na súa xestión e de non ofrecer alternativas claras para a cidade.
Lorenzo tamén atacou á Alcaldesa, acusándoa de “non pisar os barrios nin escoitar aos veciños”, e lembrou que, dende que comezou a súa xestión, deixou de investir 300 millóns de euros en infraestruturas nos barrios, dos cales 80 millóns corresponden ao ano 2024.
O portavoz do PP referiuse tamén ao orzamento de 2025, actualmente en fase de alegacións, destacando que este orzamento continúa co abandono dos barrios ao reducirse as investimentos en infraestruturas nun 23 %, ao rebaixar 17,35 millóns de euros respecto ao ano pasado, “a pesar de subir todos os impostos a todos os coruñeses”, finalizou Lorenzo.