O PP da Coruña denuncia a perda de fondos europeos por atraso nas obras

ACoruñaXa
Poñen como exemplos o centro cívico do Birloque e o Centro de Baixa Esixencia
visita-alcaldesa-centro-civico-birloque
12 Out 2024

O portavoz do Grupo Popular na Coruña, Miguel Lorenzo, denuncia unha nova perda de fondos europeos por atraso na execución dunha obra municipal, nese caso o Centro de Baixa Esixencia. “O goberno executa poucas obras e as que executa faio tarde, mal e a rastro, con atrasos e sobrecustos”, afirma.

“Gústanos que faga obras como a do Centro Cívico do Birloque ou a do Centro de Baixa Esixencia, pero non nos gusta que acaben custando moito máis do previsto de fondos municipais e que a execución acumule atrasos”, sinala.

Se no CC O Birloque o Concello tivo que poñer o dobre de fondos municipais previstos (de 363.000 a 843.000 euros) ao perder fondos europeos porque a execución foise ao triplo (de 6 a 19 meses), algo parecido pasa no Centro de Baixa Esixencia, con perda de fondos europeos e dúas prórrogas do prazo.

As obras do Centro adxudicáronse en xullo de 2023, con 6 meses de prazo e data de finalización 25 de febreiro de 2024. Aprobouse unha primeira prórroga de 82 días. Logo, en maio, unha segunda de 25 días máis. En total, coas dúas prórrogas pasouse de 6 a case 10 meses.

A obra é por importe de 715.800, dos que 418.560 poñeríaos a UE para financiar o 80% do certificado ao 31 de decembro de 2023. A esa data só xustificaron 274.605, polo que o 80% é de 219.684, perdéndose 198.876 euros de fondos europeos que hai que achegar cos municipais.

0.18550586700439