O PP da Coruña pedirá explicacións a Inés Rey por deixar sen recaudar 118,09 millóns de euros en 2024

ACoruñaXa
O grupo popular destaca que o Goberno municipal elevou todos os impostos a todos os coruñeses sen excepción
miguel-lorenzo-pp
31 Mar 2025

O Grupo Popular anunciará que pedirá explicacións a Inés Rey pola súa xestión, que segundo indica, deixou sen recaudar 118,09 millóns de euros no ano 2024, segundo os datos da liquidación do ano pasado. A previsión definitiva de ingresos era de 436,37 millóns de euros, mentres que a recadación neta alcanzou só os 318,28 millóns.

Con isto, Inés Rey deixou sen recaudar o 27 % dos ingresos presupostos – algo máis dun de cada catro euros previstos – demostrando que o orzamento para 2024 estaba “inflado” para elevar o seu importe de xeito artificial e vendelo como o máis alto da historia da cidade, sen axustarse á realidade.

Miguel Lorenzo xa advertira entón que o orzamento para 2024 era “un engano porque, como di o interventor no seu informe, a recadación de varios impostos non está acompañada de cálculos que xustifiquen o incremento que vostedes presupuestan”.

Ademais, fan fincapé en que o actual Goberno municipal elevou todos os impostos a todos os coruñeses sen excepción. Segundo os críticos, “unha subida que se demostra era innecesaria e estaba inxustificada, xa que o que se debería facer é mellorar a recadación para lograr máis ingresos e non subir os impostos”.

Traslada o grupo popular que no capítulo 1 de impostos directos, o Goberno deixou sen ingresar 11,54 millóns de euros, o 10 % do previsto (recaudouse 99,64 millóns fronte aos 111,18 millóns previstos). No capítulo 3, de taxas e prezos públicos, o desaxuste chegou a 26,3 millóns, case o 40% do previsto (43,19 millóns fronte aos 69,49 millóns).

⚙ Configurar cookies
0.51502585411072