O PP da Coruña levará ao pleno de marzo a inacción do Concello ante os murais de Urbano Lugrís

ACoruñaXa
Dende o Partido Popular denuncian que a alcaldesa pon como escusa que non ten 30.000 euros para compralos, cando é capaz de destinar 1,8 millóns de euros do orzamento a publicidade e propaganda
Mural de Urbano Lugrís na Coruña
27 Feb 2024

O Grupo municipal popular presentará unha pregunta oral para a súa resposta no Pleno de marzo para saber por que Inés Rey non fixo nada para garantir que os murais de Urbano Lugrís da rúa Olmos pasen a ser patrimonio municipal e sigan na cidade.

Dende oPP sinalan que o Goberno municipal ten que ser máis ambicioso co patrimonio coruñés, sobre todo con Lugrís, que "é algo moi noso". Os murais saíron á venda por un prezo aproximado de 30.000 euros e xa hai catro ofertas para a súa compra, segundo as noticias publicadas, das que ningunha é municipal. Unha delas é da Xunta de Galicia, que si se implicou a pesar de que segue esperando á documentación que prometeu o concello para estudar a súa declaración como BIC.

Al alcaldesa, Inés Rey, afirmou publicamente que non está interesada en compralos poñendo como escusa que non ten diñeiro. A alcaldesa di que non ten 30.000 euros para comprar os murais cando destina 1,8 millóns de euros no orzamento municipal para propaganda.

Os populares sinalan que isto "é o que pasa cando non hai unha política cultural seria e todo se reduce a concertos". Poñendo como exemplo que xa aconetceu o mesmo cando Goberno municipal deixou que levasen o cadro “O Pombal”, do pai de Picasso, ao Museo de Barcelona por 150.000 euros, ou cando deixaron marchar o Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa sen facer nada, ou cando non expón o legado de Luis Seoane na súa Fundación desde hai anos ou ten o Palacio da Ópera nas condicións pésimas nas que está cunha Orquestra Sinfónica que é unha das referencias da cidade.

0.18395209312439