O PP da Coruña insiste na necesidade de apoio institucional para o Consorcio de Promoción da Música

O Grupo Municipal do Partido Popular (PP) de A Coruña criticou que o PSOE, xunto con Sumar e Vox, impuxeran a súa negativa á iniciativa presentada polo PP no Congreso dos Deputados para que o Goberno do Estado achegase fondos ao Consorcio de Promoción da Música, tendo en conta a situación económica delicada da entidade.
Os representantes populares no Consorcio, Roberto Coira e Carlos San Claudio, votaron en contra do orzamento deste organismo, ao considerar que é claramente insuficiente para desenvolver a súa actividade, tal e como recolleu o informe do Interventor, ademais de non cubrir as necesidades da Escola Municipal de Música.
Miguel Lorenzo, voceiro do PP de A Coruña, subliñou que "temos unha gran Orquestra Sinfónica que é un luxo e que leva o nome da cidade por toda España e o estranxeiro. Todos sabemos cal é a súa situación, difícil economicamente. Fálta a cuarta pata das administracións, co seu apoio económico, o Estado, como fai noutras cidades, uníndose así ao Concello, á Xunta e á Deputación".
Desde o Partido Popular insisten na necesidade de incrementar o apoio institucional e económico para o Consorcio de Promoción da Música, demandando a implicación do Goberno Central, que nunca consignou apoio económico a este organismo, ao contrario do que fai con outras entidades culturais, como o Liceu ou o Palau en Cataluña, ou a programación de clásica e lírica en Bilbao, entre outras iniciativas culturais en cidades como Oviedo.
Trasladan que a Proposición Non de Lei (PNL), defendida pola deputada Tristana Moraleja na Comisión de Cultura, instaba ao Goberno do Estado a incluir unha partida orzamentaria que permitise manter as actividades de difusión e promoción da cultura do Consorcio.
No ámbito do Consorcio de Promoción da Música, tamén se aprobou o nomeamento de Juan Antonio Cuéllar como novo xerente. "Desexámoslle todo o mellor. Chega con moi boas ideas, o que é fundamental, porque Andrés Lacasa deixou o listón moi alto. Contamos con todo o seu apoio", destacou Lorenzo.