O PP da Coruña esixirá explicacións polo acordo de Nostián na Comisión de Transparencia

O Grupo Popular da Coruña esixirá explicacións ao Goberno municipal polo acordo alcanzado en relación co complexo de Nostián na Comisión de Transparencia que se celebrará o xoves, 6 de marzo, ás 10.00 horas. Esta comisión foi convocada polo seu presidente e viceportavoz popular, Roberto Rodríguez.
Na comisión, segundo indican, o PP pedirá explicacións sobre a decisión da alcaldesa, Inés Rey, de perdoar 7,3 millóns de euros á concesionaria de Nostián, a pesar de existir unha sentenza firme que obriga á empresa a devolver a cantidade de diñeiro que xa cobrou sen ter dereito a ela. "A alcaldesa renuncia a cobrar unha cantidade que pertence a todos os coruñeses, diñeiro que pagamos indebidamente e que podería ser destinado a obras nos barrios ou a mellorar servizos para a cidadanía", traslada os populares.
O Grupo Popular tamén pedirá no vindeiro Pleno, que se celebrará o xoves 13 de marzo, que a alcaldesa non firme o acordo con esta empresa privada, ao considerar que é prexudicial para os intereses municipais, xa que non hai xustificación algunha para este acordo. Non se trata dunha indemnización, senón de devolver un diñeiro que os coruñeses pagamos a esta empresa coa nosa tributos, e que se podería destinar a obras nos barrios ou a mellorar servizos para os cidadáns.