O PP da Coruña esixe explicacións polo caos na contratación municipal que afecta aos servizos deportivos

ACoruñaXa
Os populares denuncian a situación precaria de numerosas instalacións deportivas municipais, incluíndo mantementos esenciais e conserxería sen contrato
Imaxe do Centro Deportivo do Castrillón
23 Out 2024

O Partido Popular esixirá no próximo Pleno municipal explicacións urxentes ao goberno local, dirixido por Lage Tuñas, pola situación de precariedade na que se atopan numerosos servizos públicos, especialmente no ámbito deportivo. En resposta a preguntas escritas formuladas polo Grupo Popular no último Pleno, o goberno municipal recoñeceu que relacionados coa área de Deportes están sen contrato numerosos mantementos, atención ao público e instalacións que se están a abonar con facturas irregulares.

Os servizos afectados inclúen:

  • Mantemento de instalacións deportivas (máis de 300.000 € anuais)
  • Mantemento de campos de fútbol
  • Mantemento de ascensores
  • Mantemento de extintores
  • Mantemento de desfibriladores
  • Conserxería de instalacións deportivas (casi 2 millóns de euros ao ano)
  • Complexo deportivo de San Diego
  • Complexo deportivo de O Castrillón
  • Piscina de San Amaro
  • Campo de Golf de A Torre

Esta situación, segundo o informe do Interventor municipal, constitúe un incumprimento legal continuado e afecta directamente aos traballadores, que levan máis dun ano esperando polas melloras prometidas polo goberno municipal. Os populares instan ao goberno a solucionar estas irregularidades para garantir un funcionamento adecuado dos servizos deportivos da cidade.

0.20016813278198