O PP da Coruña esixe control nas obras municipais e critica a falta de supervisión de Inés Rey

ACoruñaXa
Lorenzo lembra o Plan de Barrios anunciado dotado con 52 millóns de euros e reclama que a súa execución sexa máis eficaz
pp-obras
2 Jul 2025

O Grupo Popular presentará unha pregunta oral no Pleno ordinario do próximo 11 de xullo para esixir explicacións sobre o control e seguimento que o Concello realiza nas obras municipais. Miguel Lorenzo, portavoz do grupo, denuncia que “Inés Rey debe pisar os barrios para non facer chapuzas como as que sofren os coruñeses por toda a cidade por obras deseñadas nos despachos sen coñecemento da realidade das nosas rúas”.

Segundo trasladan  queixas dos veciños de A Sardiñeira alertan dos problemas causados polas obras, especialmente polos atascos que se rexistran en todas as rúas que conectan coa Ronda de Outeiro, que actualmente conta con só un carril de saída e outro de entrada, provocando congestionamentos en ambos sentidos.

No centro da cidade, a situación tamén é preocupante, segundo indica a formación popular. Ás grietas e aos defectos nos acabados da reforma da zona da Marina súmase un pavimento sucio e deteriorado tras só un mes de uso. Lorenzo critica que Inés Rey inviste 7,5 millóns de euros sen realizar un control rigoroso da obra nunha das zonas máis simbólicas da Coruña.

O Grupo Popular sinala que esta non é a única intervención mal executada. Exemplos como un banco colocado diante dun paso de peóns na avenida de Gran Canaria, a parada de bus situada nunha zona axardinada na avenida do Porto que resultou danada polos usuarios, ou a marquesiña instalada fronte a un portal na rúa Pla y Cancela, dificultando o paso de persoas maiores ou con mobilidade reducida, demostran unha falta de planificación e atención ás necesidades reais da veciñanza. Tamén se menciona o ruído constante procedente da Casa Veeduría como outro problema non abordado.

Finalmente, Lorenzo recorda que Inés Rey anunciou un Plan de Barrios dotado con 52 millóns de euros e reclama que a súa execución sexa máis eficaz e coidada para evitar os erros e deficiencias que os coruñeses padecen actualmente nas obras municipais.

⚙ Configurar cookies
0.18967509269714