O PP da Coruña esixe anular o acordo coa empresa concesionaria de Nostián

O portavoz do Grupo Popular en A Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou que presentou unha moción para esixir a anulación do acordo aprobado pola Xunta de Goberno o pasado 24 de febreiro de 2025. Co que se perdoan, segundo indica, 7.383.930,43 euros á empresa concesionaria de Nostián, UTE Albada. O grupo popular considera que este acordo é lesivo para os intereses da cidadanía e carece de xustificación, xa que se basea en un acordo transaccional que contradí unha sentencia firme que obrigaba á empresa a devolver este diñeiro.
A moción presentada polo grupo popular solicita, en primeiro lugar, a anulación do acordo aprobado polo Goberno municipal e, en segundo, que o procedemento xudicial continúe no Xulgado, defendendo a reclamación da cantidade íntegra de 15.683.930,43 euros máis intereses de demora, tal e como se acordou en febreiro de 2024. Os populares lembran que os pagos indebidos realizados polo Concello entre 2011 e 2018 por xestión de rechazos de residuos foron considerados un "enriquecemento inxusto" para a empresa, segundo os informes da concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, e o do Área de Economía e Planificación, asinados por José Manuel Lage Tuñas.
No entanto, tralada o grupo popular que, o pasado 24 de febreiro de 2025, a Xunta de Goberno aprobou un acordo extraxudicial proposto pola propia empresa, no que se renunciaba a devolver 7.383.930,43 euros, unha decisión que contradice os informes previos e o acordado en febreiro de 2024. Considera que esta decisión non está xustificada e que debe ser un xulgado quen determine a cantidade exacta a devolver, xa que se trata de diñeiro público.
O portavoz popular cuestionou tamén a xustificación do acordo baseándose no "interese xeral" e lamentou que, nunha comisión de Transparencia celebrada o pasado 6 de marzo, o Goberno municipal non aportara motivos convincentes para non agardar á resolución xudicial. O grupo popular esixe que se anule o acordo e que a reclamación continúe no ámbito xudicial, xa que, segundo Lorenzo, "é diñeiro de todos e non pode ser decidido por políticos sen a intervención da xustiza".