O PP da Coruña destaca que o 11 % dos fogares da cidade chegan a fin de mes con dificultade

ACoruñaXa
O grupo popular presentará unha pregunta no vindeiro Pleno para abordar a situación de pobreza e exclusión social
PP Coruña decembro
7 Apr 2025

O Grupo Municipal do Partido Popular de A Coruña presentou unha pregunta oral para o Pleno do próximo 10 de abril na que solicita á alcaldesa Inés Rey unha valoración sobre a grave situación de pobreza e exclusión social que afecta á cidade. Segundo indican a Red de Lucha contra la Pobreza y Exclusión Social destaca que case o 20 % da poboación coruñesa atópase en risco de pobreza ou exclusión social.

O Partido Popular tamén destaca que o 11 % dos fogares da cidade chegan ao final do mes con moita dificultade, sendo esta a taxa máis alta das sete grandes cidades galegas. Ademais, durante o ano 2024, produciuse un aumento do 5 % no número de persoas sen fogar en A Coruña, o que agrava aínda máis a situación social.

Para o PP, factores como o aumento dos prezos debido á inflación, a alta carga fiscal e o difícil acceso á vivenda son claves no empeoramento das condicións de vida da poboación coruñesa. O Grupo Popular considera que é imprescindible destinar máis recursos públicos municipais a programas sociais para apoiar ás familias que se ven obrigadas a destinar gran parte dos seus ingresos a cubrir os custos da vivenda.

O PP lembrou que durante os anos de mandato de Inés Rey como alcaldesa, non se construíu ningunha vivenda municipal, nin se habilitaron servizos como escolas infantís, centros de día municipais ou prazas de comedor social. Ademais, o orzamento para 2025 prevé recortes significativos, como a diminución de 312.000 euros na partida para becas comedor, a pesar de que o ano pasado máis de 600 nenos quedaron sen a axuda debido á falta de fondos. Tamén se recorta a partida para Emerxencia Social en 400.000 euros e a de Renta Social en 800.000 euros.

Por todo isto, o Grupo Popular formula unha pregunta clara á alcaldesa: "Que valoración fai Inés Rey desta terrible situación e que medidas pensa poñer en marcha para atallala?"

⚙ Configurar cookies
0.17192792892456