O PP da Coruña celebra os orzamentos da Xunta e os avances do Novo Chuac e do centro de saúde de Santa Lucía

ACoruñaXa
Roberto Rodríguez critica a Inés Rey e destaca a forte aposta da Xunta por mellorar a sanidade en A Coruña con máis de 40 millóns de euros para o Novo Chuac en 2025 e unha inversión total que superará os 400 millóns
Imaxe do CHUAC
22 Out 2024

Roberto Rodríguez, viceportavoz do Grupo Popular e Parlamentario autonómico, afirmou hoxe que os orzamentos da Xunta de Galicia reflicten o compromiso claro do presidente Alfonso Rueda coa sanidade en A Coruña e a súa área. "A Xunta destinará case 40 millóns de euros ao Novo Chuac no ano 2025, e a inversión total superará os 400 millóns de euros nos próximos exercicios", destacou Rodríguez.

O parlamentario do PP aproveitou para criticar á alcaldesa da cidade, Inés Rey, acusándoa de frear durante dous anos a aprobación do convenio que permitiría avanzar nas obras do hospital. "A Alcaldesa non está cómoda coa inversión da Xunta en sanidade e queixouse da planificación de anualidades, esquecendo que ela mesma atrasou este proxecto ao bloquear o convenio no Pleno", lembrou Rodríguez.

Ademais, Rodríguez fixo fincapé no atraso acumulado na construción do centro de saúde de A Falperra, sinalando que o protocolo para a súa edificación foi asinado en 2014 polo anterior goberno municipal do Partido Popular. "Levan dez anos de espera, a lista de espera máis longa de toda Galicia", criticou.

O viceportavoz popular concluíu insistindo en que, malia as supostas trabas postas polo goberno local e o PSOE, "os coruñeses poden estar tranquilos: haberá Novo Chuac e haberá centro de saúde en Santa Lucía a pesar de Inés Rey e a pesar do Partido Socialista".

0.10412693023682