O portugués Jorge da Rocha actuará no Auditorio da Fábrica de Oleiros
O ciclo Voces cálidas para noites de inverno organziado polo Concello de Oleiros comeza o sábado 3 de febreiro cun concerto do portugués Jorge da Rocha no Auditorio da Fábrica ás 20.30 horas. O artista presenta o seu terceiro álbum: BLAU-Being Lost As Usual-, unha proposta singular no panorama actual da música moderna.
Un encontro entre a electrónica e o acústico que nos transporta por diferentes paisaxes sonoras e aproxímanos ao son de Radiohead, Apparat ou Massive Attack. En BLAU inclúense temas como 'False Alarm', sobre un personaxe que nega o quecemento global, ou 'Terra Quente' que parte do dra¬ma dos incendios forestais que devastan Portugal cada verán e ou¬tros de carácter máis persoal e introspectivo, como 'Excellence' (so¬bre a imposición da excelencia na sociedade moderna) ou 'Agora', en que nos convida a vivir máis intensamente o momento presente.
As entradas poñeranse á venda o día do concerto no propio auditorio a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala. O prezo será de 4 euros e é un espectáculo apto para todos os públicos.