O polígono de Bergondo conta cun novo aparcadoiro na rúa Parque Guísamo

O Polígono de Bergondo vén de incorporar unha nova zona de estacionamento situada na rúa Parque Guísamo, nas proximidades da depuradora. Esta actuación, promovida polo Concello, busca mellorar a mobilidade e facilitar o acceso ás empresas do contorno.
O novo espazo de aparcadoiro terá acceso restrinxido e funcionará unicamente en horario diúrno. Estará destinado preferentemente ás empresas máis próximas, que poderán solicitar tarxetas de acceso para os seus vehículos.
As entidades interesadas en facer uso deste servizo deben poñerse en contacto coa administración do polígono a través do correo electrónico administracion@poligonobergondo.com ou chamando ao teléfono 981 795 422.