O Pazo de Vila Melania en Vilaboa acolle a charla ‘A fenda de xénero na saúde mental’

O Pazo de Vila Melania, en Vilaboa, será o escenario este xoves 20 de marzo da charla ‘A fenda de xénero na saúde mental’, unha actividade gratuíta que se enmarca na programación especial do Concello de Culleredo para conmemorar o 8M. A entrada será libre, sen necesidade de reserva previa.
A charla contará coa intervención de Mercedes Seoane, terapeuta ocupacional do Sergas e da Universidade da Coruña (UDC), quen tamén guiará un coloquio sobre a temática coas persoas asistentes. A actividade terá lugar a partir das 19.00 horas.
Ademais, os asistentes poderán aproveitar a ocasión para visitar a exposición da ONG Médicos do Mundo titulada 'Saúde é nome de muller’, que se atopa instalada no Pazo de Vila Melania desde o 17 de marzo e poderá visitarse ata o 31 de marzo.