O Paseo Marítimo do Burgo acolleu a I edición do Día da Bicicleta

O Paseo Marítimo do Burgo acolleu hoxe a primeira edición do Día da Bicicleta, unha convocatoria que reuniu a un numeroso grupo de participantes de todas as idades que disfrutaron dun percorrido preparado para a ocasión e dun ambiente festivo ao remate da ruta.
Tras a saída, os asistentes puideron participar nun sorteo con varios agasallos e asistir a unha exhibición de zumba que animou a praza e puxo o broche de baile á xornada.
No acto estivo presente o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, acompañado por varios membros do goberno municipal, que acudiron a respaldar a iniciativa e a compartir coas familias e deportistas esta actividade orientada a promover hábitos saudables e a mobilidade sostible.
A organización destacou a boa acollida entre veciños e visitantes e anunciou que, debido á resposta positiva, estudaranse novas edicións e posibles melloras para ampliar actividades paralelas e a participación cidadá.