O Paseo da Ría do Burgo acolleu o XXVII Maratón Autonómico Urbano de Special Olympics Galicia

GaliciaXa | ACoruñaXa
A cita reuniu 104 deportistas con discapacidade intelectual procedentes de 11 entidades galegas
cull-olympic
16 Jun 2025

O deporte inclusivo foi o protagonista este domingo no Paseo da Ría do Burgo, que se encheu de emoción e compañeirismo coa celebración da 27ª edición do Maratón Autonómico Urbano organizado por Special Olympics Galicia. A cita reuniu 104 deportistas con discapacidade intelectual procedentes de 11 entidades galegas, que competiron en distintas probas adaptadas ás súas capacidades e niveis.

O evento, que contou coa colaboración do Concello de Culleredo, FADEMGA Galicia e a Asociación Aspronaga, comezou ás 10.45 horas cun acto inaugural no que os e as participantes protagonizaron un desfile de presentación que serviu para dar comezo á xornada. A continuación, disputáronse as carreiras nas distancias de 3.000, 1.500, 800 e 300 metros, adaptadas a cada grupo de atletas.

Tras completar as probas, celebrouse a entrega de medallas e trofeos, na que se recoñeceron non só os resultados deportivos, senón tamén "as boas prácticas, o xogo limpo e o respecto entre deportistas", valores fundamentais do movemento Special Olympics.

A xornada pechouse cun xantar de convivencia e unha tarde chea de actividades lúdicas, que puxeron o colofón a un día de deporte, inclusión e celebración colectiva.

⚙ Configurar cookies
0.17228007316589