O partido Breogán – Leyma Coruña do domingo non se poderá ver no Coliseum por falta de cesión de dereitos

ACoruñaXa
O Concello e o club lamentan a cancelación da retransmisión pese aos esforzos por facilitar o acceso á afección
Imaxe do Coliseum da Coruña
8 Jan 2025

O Concello da Coruña e o Leyma Básquet Coruña decidiron cancelar a retransmisión en aberto do partido que o domingo enfrontará ao equipo coruñés co Club Baloncesto Breogán no primeiro derbi galego na máxima categoría nacional. A decisión tomouse debido á falta de cesión dos dereitos de emisión, un requisito imprescindible para levar a cabo o evento no Coliseum.

Ambas institucións exploraron alternativas para ofrecer a posibilidade de seguir o encontro ás persoas afeccionadas que non conseguiron entradas para o partido no Pazo dos Deportes de Lugo, onde a dispoñibilidade de localidades era moi limitada. Con todo, os esforzos resultaron insuficientes e a retransmisión no Coliseum, prevista para o domingo ás 12.30 horas, non poderá realizarse.

O Concello e o Leyma Básquet Coruña lamentan profundamente as molestias causadas ás persoas afeccionadas que tiñan pensado asistir ao recinto multiusos e reiteran o seu compromiso de buscar mellores solucións en futuras ocasións.

0.11256694793701