O Palacio Euskalduna Bilbao acollerá o 15 de outubro un nova cita con ‘A Coruña cos 5 sentidos’

ACoruñaXa
“Para todos estes produtores e cociñeiros, que son a nosa mellor marca”, explica Xosé Regueira, “supón unha grande oportunidade poderen exhibir o seu traballo"
A Deputación presenta 'A Coruña cos 5 sentidos'
13 Out 2024

O Palacio Euskalduna Bilbao acollerá o 15 de outubro un nova cita con ‘A Coruña cos 5 sentidos’, programa de encontros da campaña de promoción turística e gastronómica da Deputación da Coruña 'A provincia que sabe'.

O vicepresidente, Xosé Regueira, encabezará unha delegación na que estará acompañado por cociñeiros de quilómetro 0 e produtores locais coruñeses, quen darán a coñecer o seu traballo e a materia prima da provincia, “nun evento que forma parte da estratexia de Turismo da Deputación de reivindicar unha gastronomía de alto nivel como principal valor diferencial”, en palabras de Regueira.

Lolo Mosteiro e Paula Martínez, de A Artesa da Moza Crecha, de Betanzos, encargaranse da cociña en vivo nunha xornada na que se ofrecerán degustacións dos produtos de Mariscos de Barallobre, A Despensa d'Lujo, Queixo Galmesán, Vila sen vento, Cafés Aruba, Costumes Galicia Empanadas, Bodegas Lodeiros, A Conserveira e Museo MEGA Estrella Galicia.

Nesta ocasión, os protagonistas dos sabores da provincia serán o mexillón do Barbanza, a zamburiña de Ferrol, os percebes do Roncudo, o polbo de Mugardos, a pataca de Coristanco, as empanadas de Carballo, o queixo Galmesán, o pimentón ecolóxico de Orballo, os grelos de Monfero, os vermús de Lodeiros, o licor café de Aruba e as cervexas de Estrella Galicia, entre outros.

“Para todos estes produtores e cociñeiros, que son a nosa mellor marca”, explica Regueira, “supón unha grande oportunidade poderen exhibir o seu traballo en espazos tan relevantes coma o Palacio Euskalduna Bilbao; e para nós, unha ocasión de presumir da excelencia dos nosos produtos, da nosa gastronomía e do noso bo facer, e de dirixirnos a un perfil de visitante que valora a calidade e a sostibilidade”.

0.14769601821899