O Palacio dos Deportes de Riazor celebrou o remate da tempada 2023/2024 de fútbol base
O Palacio dos Deportes de Riazor acolleu onte pola tarde a gala de entrega de trofeos da Copa organizada pola Asociación de Fútbol Afecionado da Coruña (AFAC). O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, asistiu á cerimonia e fíxolle entrega dos galardóns aos equipos gañadores nas diferentes categorías.
En total, 15 clubs foron recoñecidos e arredor de 1.000 futbolistas déronse cita para celebrar o remate da tempada 2023/2024. O concelleiro destacou a calidade dos xogadores e xogadoras da Coruña e puxo en valor o traballo dos clubs para manter vivo o deporte de base: “Os nosos clubs son a mellor canteira deportiva da cidade xunto coa mellor escola, onde aprenden valores tan importantes como a dedicación, o esforzo e o traballo en equipo”.
O Ural Español CF acadou o primeiro posto en tres das once categorías. Síguelles o Victoria CF e o Silva SD que acadaron o triunfo en dúas das once, sendo ademais campioas galegas e da delegación en alevín feminino respectivamente. Clubs gañadores por categorías:
1º Benxamín | Grupo único | Victoria CF, campión; Ural Español CF, subcampión; AT Coruña M CF, terceiro clasificado; CD Calasanz, cuarto clasificado.
2ª Benxamín - Grupo ouro | Ural Español CF C, campión; Imperator OAR, subcampión; CD Calasanz C, terceiro clasificado; AT Coruña M CF C, cuarto clasificado.
2ª Benxamín - Grupo prata | CD Calasanz E, campión; CF Batallador SD B, subcampión; AT Coruña M CF B, terceiro clasificado; Santa María del Mar B, cuarto clasificado.
1ª Prebenxamín - Grupo único | Ural Español CF, campión; Victoria CF, subcampión; CD Calasanz, terceiro clasificado; Orillamar SD, cuarto clasificado.
2ª Prebenxamín - Grupo ouro | Atlético Los Castros, campión; Victoria CF B, subcampión; CP Esclavas, terceiro clasificado; CF Batallador SD B, cuarto clasificado.
2ª Prebenxamín - Grupo prata | Silva SD, campión; Santa María del Mar B, subcampión; CD Ciudad, terceiro clasificado; Oza Juvenil SD C, cuarto clasificado.
1ª Alevín - Grupo único | AT Coruña M CF, campión; CD Calasanz, subcampión; Victoria CF, terceiro clasificado; Ural Español CF, cuarto clasificado.
2ª Alevín - Grupo ouro | Ural Español CF C, campión; CD Calasanz C, subcampión; Victoria CF C, terceiro clasificado; CP Esclavas, cuarto clasificado.
2ª Alevín - Grupo prata | Santa María del Mar, campión; CD Calasanz C, subcampión; Victoria CF C, terceiro clasificado;Ural Español CF F, cuarto clasificado.