O Outono Cultural de Arteixo volve á carga cunha ampla oferta de música, teatro e danza
O Concello de Arteixo volve celebrar o Outono Cultural con múltiples espectáculos e actividades dirixidas a todos os públicos. Este ano, o evento, que se desenvolverá principalmente no Centro Cívico Cultural de Arteixo Manuel Murguía, contará con actuacións de teatro, música, danza, monicreques e exposicións, ademais de ofrecer espazos para o talento local. A música, en especial o folk galego, será a gran protagonista desta edición, xunto con obras de teatro que abordan temas sociais de actualidade.
O programa é seguinte:
Setembro:
- Venres 27 de setembro / 18.30 h / Viva Vivaldi (Monicreques de Kukas) - Auditorio CCC de Arteixo Manuel Murguía
Monicreques para público infantil (3-8 anos). Inspirado na obra de Vivaldi, este espectáculo sen palabras destaca pola súa refinada estética e o protagonismo da música para guitarra.
Duración: 60 minutos / Prezo: 3 € e 2,25 €
Outubro:
- Venres 4 de outubro / 18.30 h / La ratita presumida (Tropos, Teatro de Títeres) -Auditorio CCC de Arteixo Manuel Murguía
Monicreques para público infantil (3-10 anos). Adaptación do clásico conto de Charles Perrault con cancións infantís.
Duración: 45 minutos / Prezo: 3 € e 2,25 €
- Venres 11 de outubro / 20.30 h / Tolóptica, un perdedor de primeira (Código Azul) -Auditorio CCC de Arteixo Manuel Murguía
Comedia para público adulto que reflexiona sobre o individualismo da sociedade.
Duración: 80 minutos / Prezo: 3 € e 2,25 €
- Venres 18 de outubro / 20.30 h / Ceibe3 (Fran Sieira Compañía de Danza) -Auditorio CCC de Arteixo Manuel Murguía
Espectáculo de danza tradicional que cuestiona as normas de xénero.
Duración: 55 minutos / Entrada con invitación
- Venres 18 de outubro / 22.30 h / Concerto de Ninghures (Folk tradicional) - Praza do Balneario
Mestura de ritmos galegos con influencias do rock saharaui e músicas do Magreb.
Duración: 60 minutos / Entrada libre
- Venres 18 de outubro / 00.00 h / Concerto de Fillas de Cassandra (Últimas Dionisíacas) - Praza do Balneario
Folk tradicional galego fusionado con pop e tecno, cunha aposta feminista.
Duración: 70 minutos / Entrada libre
- Sábado 19 de outubro / 16.30 h / Neofalante (Luís Vallecillo) - Praza do Balneario
Espectáculo musical e humorístico sobre a vida dun neofalante en Galicia.
Duración: 50 minutos / Entrada libre
- Sábado 19 de outubro / 22.30 h / Concerto de Amoebo (Folk tradicional) - Praza do Balneario
Mestura de funk pop, cumbias e sons urbanos.
Duración: 70 minutos / Entrada libre
- Sábado 19 de outubro / 00.00 h / Concerto de Branca Vela (Budiño) - Praza do Balneario
Música folk galega fusionada coa vangarda e a electrónica.
Duración: 80 minutos / Entrada libre
- Sábado 19 de outubro / 01.30 h / Concerto da Banda de Balbina - Praza do Balneario
Música tradicional galega cun toque humorístico e retranqueiro.
Duración: 70 minutos / Entrada libre
- Domingo 20 de outubro / 17.00 h / Con lingua propia (Peter Punk) - Anfiteatro
Circo, malabares e xogos con trabalinguas e humor, para público familiar.
Duración: 60 minutos / Entrada libre
- Venres 25 de outubro / 20.30 h / Deadpan Karaoke (Ibuprofeno Teatro) - Auditorio CCC de Arteixo Manuel Murguía
Teatro participativo con humor absurdo e crítica social sobre o amor.
Duración: 75 minutos / Prezo: 4 € e 3 €
Novembro:
- Sábado 2 de novembro / 17.00 h / XXI Encontro de Bandas - Pasarrúas e Anfiteatro
Banda de Música Santiago de Arteixo e Banda de Música de Macastre desfilando e actuando no Anfiteatro.
Duración: 120 minutos / Entrada libre
- Venres 8 de novembro / 18.30 h / Ópera Breaks (Vella Escola) - Auditorio CCC de Arteixo Manuel Murguía
Espectáculo que mestura ópera, breakdance e beatbox para público infantil (+3 anos).
Duración: 60 minutos / Prezo: 4 € e 3 €
- Venres 15 de novembro / 20.30 h / O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada (Butacazero) - Auditorio CCC de Arteixo Manuel Murguía
Teatro contemporáneo que aborda a gordofobia con humor.
Duración: 55 minutos / Prezo: 3 € e 2,25 €
- Sábado 16 de novembro / 20.00 h / Un marido de ida e volta (Pasapadentro, Escola de Teatro Melandrainas) - Auditorio CCC de Arteixo Manuel Murguía
Teatro afeccionado cunha comedia clásica para público familiar.
Duración: 90 minutos / Entrada con invitación
- Sábado 23 de novembro / 20.00 h / Encontros musicais de Santa Icía - Auditorio CCC de Arteixo Manuel Murguía
Concerto de agrupacións locais, organizado polo Orfeón de Arteixo.
Duración: 60 minutos / Entrada libre
- Todos os mércores de novembro / 18.30 h - 20.30 h / Laboratorio de Cómic Feminista "Eu tamén son unha heroína" (Ticiana Ghiglione) - Capela do Balneario
Obradoiro para nenos e nenas de 9 a 12 anos sobre a creación de cómics.
Duración: 120 minutos / Inscrición previa necesaria