O nadador coruñés Jacobo Garrido loitará esta tarde por unha medalla nos Xogos Paralímpicos de París
ACoruñaXa
O deportista coruñés asegurou o seu lugar na final dos 400 metros libres S9, buscando unha medalla en París
29 Aug 2024
O nadador coruñés Jacobo Garrido competirá esta tarde na final dos 400 metros libres S9 dos Xogos Paralímpicos de París, despois de cumprir coas expectativas na súa serie preliminar esta mañá.
Garrido logrou clasificarse en terceiro lugar, só por detrás dos australianos Hodge e Hall, actual plusmarquista mundial.
Cun tempo por debaixo dos 4:20.00 minutos, Garrido asegurou o seu posto na final, destacando pola súa constancia e habilidade na piscina. Aínda que a outra serie foi máis lenta, nela competía o italiano Barlaam, unha das grandes figuras destes Xogos. A final terá lugar ás 17.30 horas na piscina La Defense Arena, onde Garrido buscará engadir outra medalla ao seu palmarés.