O musical 'A tu lado' da banda Los Secretos actuará na Coruña o 12 de maio

ACoruñaXa
A actuación será no Palacio da Ópera e as entradas xa están dispoñibles dende este luns
Musical A tu lado de Los Secretos
5 Feb 2024

O Palacio da Ópera da Coruña acollerá o domingo 12 de maio o musical 'A tu lado', da banda Los Secretos. Trátase dun concerto teatralizado que repasa os máis de 40 anos de actividade da formación madrileña, que presentou este luns a súa nova xira nacional. O espectáculo está promovido polo Concello da Coruña e as entradas poden adquirise a través de Ataquilla.

Esta actuación supón o regreso á cidade do grupo Los Secretos, unha das grandes formacións da historia da música pop española. O musical terá un formato íntimo no que se narrarán diferentes confidencias da banda ao longo da súa traxectoria, repasando as principais cancións do seu repertorio. A formación ao completo, liderada por Álvaro Urquijo, estará sobre o escenario para poñer música ao espectáculo.

A escenografía tamén xogará un papel importante neste musical, pois recreará un camerino, un bar, unha sala de estar e un escenario dun concerto, completado cunha imaxe nocturna de Madrid, cidade de orixe da banda, como fondo. O obxectivo é transportar ao público a esas lembranzas da formación nos espazos onde sucederon.

0.17004609107971