O Museo dos Oleiros presenta as súa oferta de actividades para o mes de abril
O Museos dos Oleiros situado no municipio de Oleiro contará con tres actividades no vindeiro mes de abril. Unha visita guiada ao Museo dos Oleiros, un Obradoiro de xoiería cerámica e unha charla sobre as louceiras de Bamio.
A visita, con demostración de Oleiría de Alberto Añón, terá lugar o sábado, 6 de abril, ás 17.30 horas, cunha duración aproximada de hora e media, e realízase para conmemorar os Días Europeos da Artesanía.
Durante os catro sábados do mes, calquera persoa empadronada en Oleiros pode participar no Obradoiro sobre xoiería con molde impartido pola ceramista Susana Anta. Terá lugar de 11 a 13.30 horas e resulta obrigatorio asistir ás 4 sesións. As persoas interesadas poden apuntarse entre o 21 de marzo e o 2 de abril na web municipal do Concello de Oleiros.
Ademais, a investigadora da Universidade de Vigo Beatriz Comendador impartirá unha charla sobre a actividade louceira en Bamio (Pontevedra). Será o martes, 9 de abril, no propio museo, ás 17.30 horas.