O Morriña Fest volve ao porto da Coruña con Aitana e Louis Tomilson á cabeza do cartel

ACoruñaXa
O Morriña Fest anunciou este mércores o seu cartel cos primeiros artistas nacionais e internacionais confirmados para a súa edición de 2024 que será o venres 26 e o sábado 27 de xullo no Porto da Coruña, ao igual que a súa pasada edición.
morriña fest 2024
17 Jan 2024

O Morriña Fest anunciou este mércores o seu cartel cos primeiros artistas nacionais e internacionais confirmados para a súa edición de 2024 que será o venres 26 e o sábado 27 de xullo no Porto da Coruña, ao igual que a súa pasada edición.

Aitana foi a primeiras artistas confirmada fai unhas semanas polo festival. Agora ao seu nome súmanse Louis Tomilson, exintegrante do grupo masculino One Direction, Yandel, Nicki Nicole, Dani Fernández, Sen Senra, La La Love You, Dorian, Marlena, Mälmo 040, Dollar Selmouni, Yeico x Toni, Enol, Garabatto e Trashi. Aínda que quedan moitos máis nomes por anunciar nas próximas semanas.

A venda dos abonos será o próximo martes 23 de xaneiro a través da páxina web oficial do festival ás 13.00 horas. Os prezos serán a partir de 69 euros. As entradas por días sairán á venda máis adiante cando se complete o cartel.

Un cartel de luxo para todos os gustos

O Morriña Fest contará este ano cun cartel moi variado de nomes recoñecidos no panorama nacional e internacional. Á artista catalá Aitana sumase o vocalista Louis Tomilson, coñecido por ser un dos ex integrantes do grupo británico One Direction que marcou a toda unha xeración de mozos e mozas a nivel mundial.

Por outra banda, Yandel traerá de novo ao Morriña Festival os sons característicos da música de Porto Rico e do reggaeton. Trátase dun dos cantantes máis importantes da música latina en todo o século XXI. Nicki Nicole tamén estará no festival coruñés, sendo unha das grandes artistas mundiais da música urbana. Outro dos artistas confirmados é Dani Fernández, que conta con grandes éxitos como 'Bailemos' ou 'Clima Tropical'.

Tamén actuarán no festival o grupo La La Love You, un dos fenómenos da música pop no noso país e que arrasan en Spotify con éxitos como 'El fin del mundo'. Ademais tralo seu paso polo ciclo Noites do Porto 2023, o galego Sen Senra volverá a actuar na cidade.

Tamén estará no Morriña Marlena, o dúo pop español madrileño que participará no Benidorm Fest. Completan esta primeira quenda de confirmacións Dorian, unha das bandas referentes no indie español dende fai unha década con éxitos como ‘La Tormenta de Arena’ e Malmö040 que presentará o seu último álbum ‘Los Cobardes Viven Siempre’,

Completan o cartel artistas como Enol, Yeico x Toni, Garabatto, Dollar Selmouni e Trashi. Nas vindeiras semanas serán anunciados máis artistas para este evento.

 

 

0.16365504264832