O ‘Mercado dos Faros’ chega á Coruña o 1 de novembro ao NH Collection Finisterre

ACoruñaXa
Un novo formato comercial e de lecer que pon en valor marcas galegas vencelladas ao mar, con música, gastronomía e un certame de pintura rápida arredor da Torre de Hércules
A CORUÑA mercado faros
21 Oct 2025

A Coruña acollerá o sábado 1 de novembro de 2025 o ‘Mercado dos Faros’, unha proposta que quere ligar a identidade dos 44 faros de Galicia co tecido creativo e emprendedor do país. O evento combinará a estética dun mercado urbano, rural e náutico para reivindicar o papel simbólico e o servizo que os faros prestan ás cidades que viven ao abrigo dos seus feixes de luz.

O programa reunirá unha selección de firmas galegas de gastronomía, deseño téxtil e complementos, artesanía e produtos para o fogar relacionados co mar. Haberá espazos para ver e mercar, pero tamén para tomar algo e escoitar música, ademais dun certame de pintura rápida co faro protagonista —no caso coruñés, a Torre de Hércules— e paseos que partirán do propio Mercado para reforzar a súa figura emblemática.

A xornada desenvolverase o 1 de novembro, de 12.00 a 21.00 h, no Hotel NH Collection Finisterre. A organización salienta que o ‘Mercado dos Faros’ está pensado para todas as idades e que nace coa vocación de viaxar a outras cidades galegas e atlánticas nos vindeiros meses.

⚙ Configurar cookies
0.071804046630859