O mal tempo obriga a adiar o I Gran Premio de PumpTrack de Miño ata 2026

ACoruñaXa
A proba da Copa Galicia prevista para o domingo 19, posponse por precaución e trasladarase á vindeira tempada
MIÑO pumptrack suspendido
19 Oct 2025

As adversas previsións meteorolóxicas obrigaron a aprazar de novo o I Gran Premio do Concello de Miño da Copa Galicia de PumpTrack, inicialmente programado para mañá, domingo 19 de outubro. A organización decidiu reprogramar a cita para a tempada 2026, priorizando a seguridade das e dos participantes e do público asistente.

O evento, concibido para dinamizar a actividade deportiva e atraer afección a esta disciplina, queda así adiado ata o próximo ano. Desde o Concello pídeselle comprensión á veciñanza e á comunidade deportiva e lamentáronse as molestias que poida ocasionar esta modificación do calendario.

⚙ Configurar cookies
0.070671081542969