O Loureiro acolle a entrega de premios do Club de Tenis de Oza-Cesuras

A pista de tenis de O Loureiro foi escenario da entrega de premios organizada polo Club de Tenis de Oza-Cesuras, un acto que puxo o broche final a unha tempada marcada polo esforzo e a deportividade. O evento, posible grazas ao compromiso e dedicación do club, contou coa presenza da concelleira de Deportes, Carmen Barreiro, quen se encargou de entregar os galardóns ás e aos participantes.
A xornada reuniu a xogadores, familiares e afeccionados, que gozaron dun día no que o tenis e a boa compañía foron os grandes protagonistas. Dende a organización trasladouse o seu agradecemento tanto a quen competiu como ao público que se achegou para compartir este momento especial para o deporte local.