O Liceo abre o Palacio cunha xornada especial para a súa afección o 26 de decembro

O Hockey Club Liceo convoca á súa afección a unha Xornada de Portas Abertas no Palacio o vindeiro venres 26 de decembro, co obxectivo de ‘despedir o ano xuntos’ e reforzar o vínculo entre club e seareiros nun ambiente familiar.
O encontro desenvolverase entre as 18.00 e as 19.30 horas, mentres que a apertura de portas está prevista para as 17.45. Segundo trasladou a entidade, a xornada busca que a xente poida achegarse ao día a día do Liceo e vivir o club ‘dende dentro’.
Ademais, durante a actividade estará aberto o punto de venda no propio Palacio para quen queira facerse co novo material de ‘merch’ de Nadal.