O Leyma Coruña xa é equipo da ACB

ACoruñaXa
O equipo coruñés únese aos seis equipos galegos que xa xogaban na élite do baloncesto español
Imaxe do Leyma Básquet Coruña
11 Maio 2024

O Leyma Básquet Coruña xa pertence á elite do baloncesto español. O equipo coruñés uniuse a noite ao Breogán, Bosco, OAR, COB e Obradoiro, os equipos galegos que xa xogaban na ACB.

Logo de disputar un encontro en Melilla contra o Melilla Ciudad del Deporte de máxima tensión dende 0 minuto, o equipo laranxa coruñés impúxose cun 74-80, sabendo en todo momento os resultados dos seus rivais, entre os que era clave a vitoria do Lleida contra o Menorca.

Gran parte do mérito do ascenso recae no adestrador do seu equipo, Diego Epifanio, o seu especialista en asensos. De feito, xa o logrou co San Pablo Burgos na 2016-17 e co Río Breogán na campaña 2019-20.

A cidade da Coruña viviu unha noite chea de emocións a flor de pel desfrutando do partidos nas pantallas habilitadas polo Concello na cidade.

0.15895700454712