O karate de Culleredo brilla en febreiro con éxitos a nivel galego

ACoruñaXa
Jesús Ángel Dubra, membro da Escola de Karate LN, proclámase campión galego absoluto na categoría Kata Veteranos 46-59 anos
karate-culleredo
20 Feb 2025

O mes de febreiro está a ser especialmente destacado para o karate cullerdense, cunha serie de logros que poñen en valor o traballo e o talento local.

Jesús Ángel Dubra, veciño de Culleredo e membro da Escola de Karate LN, proclamouse campión galego absoluto ao acadar a medalla de ouro na categoría de Kata Veteranos 46-59 anos. Este resultado consolida a súa traxectoria e serve de exemplo para as novas xeracións.

Ademais, tres alumnos da mesma escola —Alma Fuentes, Iris Dubra e Ángel Barrio— foron seleccionados para formar parte do Grupo de Seguimento de Kumite, un recoñecemento reservado a poucos karatecas e que reflicte o seu esforzo e dedicación.

Estes logros reafirman o bo momento que vive o karate en Culleredo e evidencian o excelente traballo de formación e apoio ao deporte base que se realiza desde a Escola de Karate LN.

0.14178395271301