O Júnior feminino do CB Culleredo coróase campión da Copa Galicia e o Júnior masculino acada o subcampionato

ACoruñaXa
As de Herrera & Cores impoñéronse na final ao Básquet Coruña por 74–70
CULLEREDO balencesto femenino
16 Oct 2025

O Club Baloncesto Culleredo celebrou unha fin de semana histórica coa conquista da Copa Galicia Júnior feminina e o segundo posto na categoría Júnior masculina. O bloque feminino proclamouse campión tras unha final vibrante ante o Básquet Coruña (74–70), un duelo decidido nos minutos finais e que confirma a proxección da xeración celeste.

No cadro Júnior masculino, o Traumacor Culleredo rubricou unha gran actuación ao longo do torneo e pechou a competición como subcampión, resultado que reforza o crecemento do proxecto de base do club e a súa presenza nas citas autonómicas.

O dobre éxito chega nun momento de consolidación para a canteira cullerdense, que vén asinando bos resultados nos derradeiros cursos e continúa alimentando os equipos sénior co talento formado na casa.

⚙ Configurar cookies
0.069270133972168