O II Folk no Colón despídese en decembro con Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Carlos Núñez

ACoruñaXa
O Teatro Colón acollerá os concertos os días 20 e 26 de decembro (con dúas sesións no caso de Núñez) e as últimas localidades seguen dispoñibles
A CORUÑA folk
15 Dec 2025

A segunda edición do ciclo Folk no Colón chega ao seu remate este mes coa presenza de dous nomes imprescindibles da música tradicional galega. O Concello da Coruña pecha a programación con Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e con Carlos Núñez, nunha aposta por reforzar a visibilidade da tradición musical na oferta cultural municipal, tal e como subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

O primeiro concerto será o sábado 20 de decembro, ás 20.00 horas, cando Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre presentarán 'Axúdame a sentir', un traballo concibido como homenaxe á transmisión oral e ás cantareiras.

A clausura chegará o venres 26 de decembro coa cita de Nadal de Carlos Núñez na Coruña, que este ano celebra o 30 aniversario de 'A Irmandade das Estrelas'. O músico ofrecerá unha dobre actuación, ás 19.30 e ás 22.00 horas.

As entradas continúan á venda a través de Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense. No propio día de cada concerto, se aínda quedan localidades, tamén se poderán mercar no Teatro Colón.

⚙ Configurar cookies
0.083809852600098