O IES Xosé Neira Vilas recebe a 18 alumnos da Bretaña no marco do Bachibac

ACoruñaXa
O intercambio co Lycée Saint François-Xavier de Vannes inclúe inmersión con familias, asistencia a clases e visitas pola contorna de Oleiros e A Coruña
OLEIROS alumnos breaña
15 Oct 2025

O IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas de Perillo acolle entre os días 9 e 17 de outubro a 18 alumnos e 2 profesoras do Lycée Saint François-Xavier de Vannes (Bretaña), dentro da viaxe de intercambio e inmersión lingüística que o centro organiza cada curso para o alumnado de 1.º de Bacharelato do programa Bachibac. Trátase da visita de retorno, despois de que o estudantado de Oleiros viaxase a Vannes a comezos de marzo.

Durante a súa estadía, o grupo bretón participa en inmersión con familias anfitrioas, asiste a clases no instituto e realiza excursións e visitas por Galicia e pola contorna de Oleiros e A Coruña. No ámbito institucional, o alcalde, Ángel García Seoane, e a concelleira de Ensino, María José Santos, recibiron o alumnado e o profesorado na Casa do Concello.

O Neira Vilas subliña que este tipo de programas favorecen a competencia lingüística en francés e español, así como o intercambio cultural e os lazos entre comunidades educativas de Galicia e da Bretaña.

⚙ Configurar cookies
0.07079005241394