Vilasantar acollerá unha das xornadas do I Desafío Jravel/MTB Ulla Tambre Mandeo

A comarca do GDR Ulla Tambre Mandeo acollerá en setembro o I Desafío Jravel/MTB, unha cita deportiva pensada para amantes do ciclismo e da natureza que queiran coñecer os paisaxes e rutas da zona.
O evento celebrarase en dúas xornadas e contará con rutas de diferentes dificultades para atender tanto a persoas con experiencia como a aquelas que se inicien no ciclismo de montaña. O 13 de setembro a saída será en Boimorto, percorrendo tamén Vilasantar e Arzúa. Nesta primeira xornada, a ruta curta, chamada Jraveliña, terá 31,48 km cun desnivel de 452 metros, mentres que a ruta longa, denominada Jravelón, alcanzará os 60,22 km e un desnivel acumulado de 1.306 metros.
A segunda xornada terá lugar o 27 de setembro, saíndo de Toques e pasando por Sobrado dos Monxes. A Jraveliña desta cita terá 34,3 km cun desnivel de 869 metros, e o Jravelón estenderase ata 50,83 km cun desnivel de 1.380 metros.
A proba representa unha oportunidade única para combinar deporte, lecer e contacto coa natureza, ao mesmo tempo que permite descubrir o patrimonio cultural e paisaxístico da comarca do Ulla Tambre Mandeo. A participación está aberta a toda a cidadanía interesada en formar parte desta experiencia deportiva.