O Guísamo Folk celebra a súa XXIV edición cun cartel de luxo

ACoruñaXa
Baiuca, Mondra, De Vacas e Abril actuarán o 23 de agosto no Campo da Feira, nunha xornada de música, gastronomía e obradoiros
BERGONDO guisamo festival folk
11 Aug 2025

Guísamo prepárase para vivir unha nova edición do seu festival máis emblemático. O vindeiro sábado 23 de agosto, a partir das 20.00 horas, o Campo da Feira acollerá a XXIV edición do Guísamo Folk, que contará coas actuacións de Baiuca, Mondra, Abril e De Vacas.

O evento, xa consolidado como unha cita imprescindible do verán bergantiñán, ofrecerá unha xornada completa na que a música tradicional e contemporánea se mesturarán con propostas gastronómicas e obradoiros para todos os públicos.

Desde a organización convidan a veciños e visitantes a achegarse para desfrutar dunha noite de boa música, bo ambiente e actividades para todas as idades. “É unha oportunidade perfecta para gozar en comunidade e seguir apoiando a cultura e a música galega”, sinalan.

⚙ Configurar cookies
0.049721002578735