O grupo de teatro Catro Gatos abrirá a I Mostra de Teatro no Mosteiro de Bergondo con 'Río Bravo'
A Asociación Cultural Catro Gatos, co apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Bergondo, inaugurará a I Mostra de Teatro no Mosteiro os días 27 e 28 de setembro. A primeira función desta nova mostra será unha adaptación da icónica obra "Río Bravo", creada orixinalmente polo Grupo Chévere en 1990. Este musical emblemático, que combina elementos dos westerns coa parodia, promete ofrecer unha experiencia teatral única.
Bajo a dirección de Tone Martínez, a adaptación de 'Río Bravo' contará cunha banda sonora variada e unha serie de efectos sonoros que crearán unha atmósfera envolvente e dinámica. A función inaugural terá lugar no claustro do Mosteiro de Bergondo o venres 27 de setembro ás 20.30 horas. A entrada será libre até completar a capacidade de 150 persoas do espazo.
Despois da representación, o grupo folclórico ACD A Meda ofrecerá unha actuación para amenizar a xornada. O sábado 28, tamén ás 20.30 horas, será o turno de 'Arte sen guión', unha obra do grupo Galeatro en colaboración co Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura.
A Mostra de Teatro no Mosteiro nace co obxectivo de unir o patrimonio arquitectónico coas artes escénicas, revitalizar espazos históricos e ofrecer ao público da comarca unha nova oportunidade para desfrutar do teatro.