O grupo de folk Milladoiro celebrará os seus 45 anos cun concerto no Palacio da Ópera

ACoruñaXa
A cita será o venres 19 de maio na cidade. A banda Milladoiro formada actualmente por Xosé V. Ferreirós, Nando Casal, Moncho García, Harry, Manú Conde e Manuel Riveiro constitúen un grupo lexendario de folk en Galicia
Imaxe do grupo de folk Milladoiro presentando o concerto na Coruña
5 Mar 2024

O lexendario grupo de folk coruñés Milladoiro celebrará este 2024 o seu 45º aniversario cun concerto especial na Coruña. Así o presentaron esta mañá o concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou o evento acompañado por integrantes do grupo e da promotora Thinking Up Events, que terá lugar o vindeiro 19 de maio no Palacio da Ópera da cidade.

As entradas, dende 12 euros máis gastos de xestión, poderán mercarse a través de Ataquilla ou no quiosco da Praza de Ourense.

"Todo comezou nunha cafetería da rúa Feijóo, onde se decidiu o nome da banda, e tivo o seu lanzamento definitivo co concerto nos Salesianos, o 15 de maio de 1979", sinalou Gonzalo Castro na súa intervención. O debut de Milladoiro foi na cidade da Coruña, no Auditorio dos Salesianos e organizada polo Ateneo. 45 anos despois ofrecen un recital especial cun repertorio único e que non podería ter mellor localización que a cidade que os viu nacer. A banda, formada actualmente por Xosé V. Ferreirós, Nando Casal, Moncho García, Harry, Manú Conde e Manuel Riveiro.

A banda recibiu recoñecementos senlleiros como o Pedrón de Ouro, concedido polo Padroado Rosalía de Castro no ano 1985, o premio Goya á mellor banda sonora orixinal, por 'La Mitad del Cielo' en 1986; o premio da Música concedido pola SGAE e AIE; a Medalla Castelao da Xunta de Galicia (2004); e a Medalla de Ouro de Galicia (2012). Entre os escenarios que visitou a banda ao longo dos anos destacan a Cathedral of St. John the Divine de Nova York, a Casa Internacional da Música de Moscú, ou o Ryutsu Center de Tokio, entre outros moitos. "A cidade na que naceu a bandeira e se xestou o himno do noso país tamén foi crucial na traxectoria dun grupo musical esencial na recuperación e difusión da nosa tradición musical", sinalou Gonzalo Castro.

Este concerto súmase a outras citas programadas polo Concello como o ciclo Folk no Colón ou o concerto de fin de xira das Tanxugueiras no Coliseum, apostando pola música galega.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17811298370361