O Graxal programa 'Contos con Mar de Fondo' este domingo para público adulto

ACoruñaXa
A sesión de narración oral celebrarase o 9 de novembro ás 19.00 horas no Centro Sociocultural O Graxal
CAMBRE contos co mar
9 Nov 2025

O Centro Sociocultural O Graxal acolle este domingo, 9 de novembro, a sesión de narración oral 'Contos con Mar de Fondo', unha proposta para público adulto na que o mar pon o compás de cada historia. Trátase dun espectáculo do narrador Caxoto Contacontos (Felipe Díaz), quen recompila anos de viaxes e testemuños para fiar contos, lendas, anécdotas reais e episodios históricos ligados ao mundo mariñeiro: desde historias de emigración e regresos, ata vidas nos peiraos, temporais e supersticións de bordo, sempre con retranca e proximidade.

A sesión, definida polo propio artista como un espectáculo para os cinco sentidos cheo de salitre, mar picada e vento zoando, aposta por un formato íntimo no que a palabra dita, a memoria popular e a música do idioma crean unha atmosfera envolvente. O estilo de Caxoto é sinxelo, directo e cheo de humor, froito dunha longa traxectoria como contador en toda Galicia e formación con referentes da narración oral.

⚙ Configurar cookies
0.072762966156006