O Graxal acolle este sábado o festival polo X aniversario de Musicambre

ACoruñaXa
A cita, con entrada libre, arrinca ás 18.00 horas no centro sociocultural do Temple e contará con actuacións corais e bandas como Surfatas, Purple Nite e Malasömbra
CAMBRE musicambre
21 Feb 2026

A Asociación Cultural Musicambre celebra en Cambre dez anos de traxectoria cun festival musical que reunirá varias propostas sobre o mesmo escenario. O encontro será este sábado, 21 de febreiro, a partir das 18.00 horas no Centro Sociocultural do Graxal (O Temple), con entrada libre ata completar aforo.

O cartel combina voces corais e música en directo con estilos diferentes. Abrirá a tarde o Coro Musicambre xunto coa Coral Raiola, e despois será a quenda das bandas Surfatas, Purple Nite e Malasömbra, nunha xornada pensada para festexar a actividade cultural desenvolvida pola entidade ao longo da última década no municipio.

O festival está organizado pola propia A.C. Musicambre e conta coa colaboración de entidades e establecementos locais, ademais do Concello de Cambre.

0.046144962310791