O ‘Gran Baile de Nadal’ da terceira idade abrirá 2026 en Betanzos este venres no Edificio Arquivo
ACoruñaXa
A cita será o 2 de xaneiro ás 17.30 horas na Aula de Cultura Xulio Cuns, con entrada orientada ás persoas maiores

31 Dec 2025
Betanzos comezará o 2026 cunha proposta pensada para a terceira idade. O Concello organiza este venres 2 de xaneiro o ‘Gran Baile de Nadal’, unha tarde para compartir, bailar e arrancar o ano ao ritmo da música.
A actividade celebrarase no Edificio Arquivo, na Aula de Cultura Xulio Cuns, a partir das 17.30 horas. Desde o Concello animan ás persoas maiores a sumarse a esta cita, concibida como un encontro de convivencia para comezar o novo ano en movemento e boa compañía.