O Goberno galego reivindica o labor docente no VIII Congreso Mundial de Educación

GaliciaXa | ACoruñaXa
Un evento, que reúne na Coruña expertos de Galicia, doutras comunidades autónomas e do resto do mundo
congreso-educa
14 Mar 2025

Inaugurouse na Coruña o VIII Congreso Mundial de Educación, onde o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destacou a importancia do profesorado como piar fundamental do modelo de éxito do sistema educativo galego. Un evento, que reúne na cidade expertos de Galicia, doutras comunidades autónomas e do resto do mundo, subliñou que os principais indicadores avalan o sistema galego en competencias académicas, equidade, inclusión e convivencia.

O titular de Educación da Xunta tamén participa esta tarde en Guitiriz na apertura do XII Congreso da Federación de Ensino de CCOO de Galicia, onde abordará os retos actuais da educación. Rodríguez incidiu na necesidade de que os docentes dispoñan das mellores ferramentas e coñecementos para enfrontar os novos desafíos demográficos, sociais, tecnolóxicos e laborais.

Así mesmo, defendeu a importancia de prestixiar a profesión docente mediante un acordo marco a nivel estatal que estableza as competencias necesarias para exercer a docencia, desde a formación inicial universitaria ata a aprendizaxe continua ao longo da carreira profesional.

Desde a Administración autonómica, o conselleiro comprometeuse a seguir traballando para afrontar os retos educativos, facendo especial fincapé na primeira Lei de educación dixital de Galicia. Esta normativa será clave para adaptar o sistema educativo ás novas realidades dixitais e tecnolóxicas, garantindo unha formación innovadora e actualizada para o alumnado galego.

⚙ Configurar cookies
0.090698003768921