O goberno de Cambre abordará o paquete de actuacións incluídas no POS+ 2025

ACoruñaXa
Será no próximo pleno e co plan preténdese financiar cinco proxectos con diferentes actuacións
Pleno extraordinario 20 de novembro en Cambre
28 Jan 2025

O equipo de goberno de Cambre levará ao pleno ordinario a aprobación do paquete de actuacións a incluír no POS+ 2025 da Deputación da Coruña, un plan co que se pretende financiar cinco proxectos cunha achega do ente provincial de 1.149.927,80 euros.

Entre estas actuacións destacan tres proxectos de mellora da accesibilidade e pavimentación nas rúas Abeleira e Luís Pimentel, no Temple, e A Lagoa, en Cambre. Estas obras contarán cun orzamento de 334.690,51 euros, 295.812,27 euros e 187.829,85 euros, respectivamente. Con estes traballos, o goberno local continúa apostando por eliminar as barreiras arquitectónicas nos núcleos urbanos do municipio, destinando un total de 818.332,63 euros a estes tres proxectos.

Ademais, o paquete de actuacións inclúe a mellora da pavimentación de camiños rurais nas parroquias de Sigrás, Anceis, Andeiro e Brexo, cun investimento de 227.950,99 euros, así como a mellora da recollida de augas pluviais na praza Caso Cortines, no Temple, cun custo de 103.644,18 euros.

Por outra banda, tamén se proporá a inclusión de dous proxectos no plan POS+ 2025 Complementario, cun importe total de 275.534,16 euros. Estas actuacións consistirán na mellora da pavimentación de camiños rurais nas parroquias de Cecebre e Bribes, cunha achega de 174.611,71 euros, e na ampliación de puntos de luz LED no alumeado rural de Cambre, cun orzamento de 100.922,45 euros.

0.16284584999084