O Goberno confirma a prorrogación das axudas aos mariscadores da ría do Burgo

ACoruñaXa
Os mariscadores da ría do Burgo verán prorrogadas automáticamente as compensacións emitidas debido á perdida de actividade unha vez aprobado o prazo de ampliación das obras.
reunión subdelegada goberno coruña ría do burgo
17 Jan 2024

Os mariscadores da ría do Burgo verán prorrogadas automáticamente as compensacións emitidas debido á perdida de actividade unha vez aprobado o prazo de ampliación das obras. Así o confirmou esta mañá a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, que mantivo unha reunión coa Confraría de Pescadores da Coruña para tratar este tema.

A subdelegada trasladoulle aos representantes do sector marisqueiro o compromiso do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico co proxecto de rexeneración da ría do Burgo. Xunto a que dende o primeiro momento se tivo en conta a afectación do traballo de marisqueo e así se fixo a previsión de compensacións para as persoas afectadas, as cales ascenden a 3.6 millóns de euros.

Atendendo ás demandas do sector

Entre as demandas presentadas polo sector marisqueiro ao Goberno, a parte da continuación das axudas, atópanse: a fixación da mellor época para a reintrodución de especies de marisco na zona co obxectivo de posibilitar que esta teña maiores posibilidades de éxito e a determinación das variedades de bivalvos a introducir nas novas zonas de marisqueo: a ameixa babosa, a fina, a xapónica e o berberecho.

A subdelegada do Goberno recolleu as reivindicacións dos mariscadores e mariscadoras da Confraría e comprometeuse a trasladarllas ao Ministerio. Ademais aproveitou para pedir á administración competente do sector marisqueiro, a Xunta de Galicia, que se implique na procura de solucións a partir do remate da obra de rexeneración o vindeiro mes de abril.

O dragado da Ría do Burgo constitúe o maior proxecto de descontaminación dunha franxa costeira, abordada a través dos Fondos de Recuperación e que se espera que axude a unha mellora na produción de marisco na zona. A obra, iniciouse en decembro de 2021 e ten prevista a súa finalización no mes de abril deste ano, por agora María Rivas confirmou que se levan executadas máis do 90% das actuacións previstas na ría.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17717504501343