O Goberno central investiu 50 millóns en bolsas universitarias para máis de 17.000 galegos

ACoruñaXa
Durante un encontro co reitor da Universidade da Coruña, o delegado do Goberno en Galicia avanzou as novidades da próxima convocatoria de bolsas, que terá un orzamento histórico superior aos 2.500 millóns de euros
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco co reitor da UDC, Ricardo Cao
15 Mar 2024

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, salientou, durante un encontro co reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, que tomou posesión do seu cargo recentemente, o compromiso do Goberno coa educación en Galicia, onde inviste 50 millóns de euros en bolsas de estudos universitarios que benefician a 17.338 estudantes permitíndolles formarse.

No caso concreto da UDC, o sistema de bolsas beneficia a máis dun terzo dos seus alumnos e alumnas, de xeito que 4.800 do total dos seus estudantes percibiron 13 millóns de euros do Ministerio de Educación durante o curso pasado, o 2022-2023.

Pedro Blanco avanzou sobre a convocatoria de bolsas do vindeiro curso que se fará un investimento de 2.535 millóns de euros, unha cifra que cualificou de “histórica”, pois, en palabras do delegado, “é un 72% máis elevada das emitidas por gobernos anteriores ao de Pedro Sánchez”. Blanco puxo en valor desta próxima convocatoria o seu avance “cara esa igualdade de oportunidades que sempre pretendemos, especialmente pensando nos nosos mozos e mozas, e, sobre todo, cara a meta de que os novos estudantes non teñan que abandonar a súa formación e os seus estudos polas súas condicións socioeconómicas”.

Ademais, esta nova convocatoria mellora as condicións de renda, aumentando os limiares nun 5% para compensar a suba do IPC e dos salarios. “Isto permitirá que máis familias e fillos e fillas de traballadores poidan acceder a estas bolsas ou mellorar os importes que perciben”, apuntou o delegado ao respecto.

“A esta cantidade destinada ás bolsas debemos engadir as taxas que aforraron todas estas persoas, e que elevan a cifra aportada polo Goberno ao futuro destes mozos e mozas en varios millóns de euros”, precisou Pedro Blanco.

Modernización do sistema universitario

O Goberno está acompañando ás comunidades autónomas e ás propias universidades na implantación da nova Lei de Universidades. Esta lei garante que o 1% do PIB se invista no sistema universitario ao mesmo tempo que mellora as condicións do persoal docente e investigador.

O delegado do Goberno e o reitor da UDC tiveron tempo tamén para conversar precisamente sobre investigación. Pedro Blanco gabou o forte acento investigador da Universidade da Coruña e o talento dos profesionais que traballan nesa área.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17676496505737