O Goberno anima aos concellos da Transición Xusta a solicitar ás axudas do Ministerio de Transición Ecolóxica
O Ministerio de Transición Ecolóxica abrirá nos próximos días a convocatoria de axudas destinadas á mellora da prestación dos servicios sociais, a transición ecolóxica e ao emprendemento nas zonas afectadas polo peche das centrais térmicas de Meirama e As Pontes.
Neste sentido a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, anima aos 16 concellos que pertencen aos convenios de Transición Xusta da provincia da Coruña a presentar os seus novos proxectos a esta convocatorio que estará dotada de 25 millóns de euros.
As subvencións, que se resolverán polo sistema de concorrencia competitiva, están dirixidas a proxectos en inmobles, espazos públicos e bens de dominio público. Permitirán a rehabilitación e transformación para novos usos de bens, espazos e terreos de titularidade pública que reforcen o compoñente social, medioambiental e dixital destes espazos ou axuden á creación doutros novos.
María Rivas mantivo esta maña unha reunión coa Axente do Territorio en Convenios de Transición Xusta, Nuria Álvarez Llamas, para repasar os datos da anterior convocatoria, na que , a provincia da Coruña percibiu do Ministerio un total de 11.353.313,50 euros, que se repartiron entre os 14 proxectos presentados por 11 dos 16 municipios dentro dos convenios de Transición Xusta da provincia da Coruña.
O obxectivo desta convocatoria é brindar apoio aos municipios, especialmente nos pequenos, para mellorar os seus servizos (sociais e culturais) e infraestruturas e así frear a perda de poboación no rural. Así como garantir un acceso en condicións de igualdade aos servizos de calidade para os seus habitantes.