O GES de Curtis pechou o 2024 cun total de 136 intervencións

ACoruñaXa
O Concello destaca que este servizo é un piar fundamental na atención de emerxencias da zona
ges-curtis
30 Jan 2025

O Concello de Curtis traslada que o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) levou a cabo un total de 136 intervencións ao longo do ano 2024, según os datos recollidos na ficha anual.

Así, as actuacións máis frecuentes estiveron relacionadas con accidentes de tráfico, sumando 51 intervencións e 12 a causa de animais soltos nas vías. Ademais, rexistráronse 25 incendios, tanto en vivendas como en vehículos así como incendios forestais ou industriais.

No ámbito sanitario, o GES tamén participou en 6 axudas a helicópteros e diversas asistencias ademais de intervir en casos de riscos como escapes de gas, derrumbes e material eléctrico. Entre outras accións destacadas, inclúense 7 retiradas  de vespas velutinas.

Desde o goberno local destacan que o balance de 2024 reflexa a intensa actividade do GES en múltiples ámbitos consolidándose como un piar fundamental na atención de emerxencias da zona.

0.16932201385498