O fotógrafo Tim Flach impartirá unha charla o luns 5 na Coruña
ACoruñaXa
O evento será ás 19.00 h na Sede Afundación da Coruña a conferencia como parte da programación do Foro UIE. Sociedade e Economía
2 Feb 2024
O fotógrafo de natureza Tim Flach impartirá o vindeiro luns 5 de febreiro, ás 19.00 h, na Sede Afundación da Coruña a conferencia 'Quen está do revés, nós ou os morcegos? Evocando empatía a través do retrato de animais' como parte da programación do Foro UIE. Sociedade e Economía.
Cunha crecente preocupación pola biodiversidade, os conservacionistas enfróntanse a unha maior presión para representar os animais de maneiras que evoquen empatía e conduzan á conservación. Aquelas persoas que desexen participar neste encontro de maneira presencial o 5 de febreiro, poden facelo inscribíndose na páxina web da Afundación. A conferencia será retransmitirase tamén a través de Afundación TV.