O Festival INTERSECCIÓN celebrará a súa sétima edición na Coruña do 22 ao 26 de outubro

ACoruñaXa
Este ano, a programación do festival presenta importantes novidades pensadas para conectar coa vida cultural da cidade
festival-Intersección-a-coruña
13 Oct 2024

O Festival INTERSECCIÓN celebrará a súa sétima edición na Coruña do 22 ao 26 de outubro, consolidándose como un referente para o cine independiente máis inconformista.

Este ano, a programación do festival presenta importantes novidades pensadas para conectar coa vida cultural da cidade. Unha das grandes incorporacións é a do Cine Cantones como nova sede do festival. Esta sala, unha das poucas que aínda resisten en A Coruña, acollerá varias das proxeccións da programación.

Ademais, só durante a semana do festival, os asistentes poderán gozar das películas tomando unha caña Estrella Galicia na propia sala de proxección buscando completar así a experiencia cinematográfica do público.

Os Cines Cantones ofrecerán unha oportunidade para que cineastas internacionais consagrados, autores galegos consolidados e novas promesas compartan espazo, creando un diálogo entre diferentes xeracións e estilos dentro do panorama audiovisual contemporáneo. Unha oportunidade única tamén para o público da cidade que poderá desfrutar de estreas, proxeccións exclusivas de películas ou incluso ter a posibilidade de ver algunha das pezas que o vindeiro ano serán candidatas nos Goya, ao ser INTERSECCIÓN festival colaborador para estes premios.

As Salas dos Cines Cantones albergarán as proxeccións da sección GALICIA, un espazo que busca poñer en valor o talento audiovisual da nosa terra. Esta sección presentará as propostas máis innovadoras e atrevidas de cineastas galegos, destacando obras que exploran novas formas narrativas e linguaxes visuais cunha profunda conexión coa identidade cultural do país.

Entre as autoras presentes nesta edición atópanse nomes como Xacio Baño, Lois Patiño, Santiago Talavera, Alba Domínguez, Inés Pintor, Silvia Penas, María Roja ou Hugo Amoedo, cuxas películas se poderán ver no histórico Cine Cantones.

Pola súa parte, a Sección INTERNACIONAL está dedicado a aquelas películas que rompen fronteiras e xéneros, ofrecendo unha selección do cine máis innovador, tanto a nivel nacional como internacional.

Dous destes filmes serán proxectados nos Cines Cantones: 'El repartidor está en camino', que aborda a realidade dos traballadores venezolanos das plataformas de reparto Argentinas durante a pandemia, mostrando a súa soidade e forza nas rúas baleiras das cidades, mostrando un día a día que, por momentos, parece pertencer exclusivamente a eles; e 'PEPE', unha película singular que narra, na voz do primeiro hipopótamo asasinado en América e que pertenceu a Pablo Escobar. Unha película que narra, entre outras cousas, o pasado recente de Colombia atravesado polo conflito armado, o narcotráfico e a corrupción. Premiada co Oso de Plata á mellor dirección no Festival Internacional de Cine de Berlín.

Ademais, os Cines Cantones acollerán a sección ESCOLAS, onde o talento novo toma o protagonismo. Nesta selección, programado polo colectivo Memoria e Cinema, reuniranse as propostas máis libres e aventureiras dos cineastas emerxentes, mostrando os primeiros traballos de artistas que comezan a destacar na industria cinematográfica.

PROGRAMACIÓN DE INTERSECCIÓN

  • ESCOLAS. Martes, 22 de outubro, ás 20.00 horas. Filmes 'Ei, Temi', 'May Yu Live to See the Dawn', 'Excoriación', 'Aquí y ahora' e 'Alguien, en algún lugar, piensa esto'.
  • GALICIA 1. Mércores, 23 de outubro, ás 20.00 horas. Filmes: 'Sen ti', 'Hauntoplolis II', 'Delincuente': 'Queimar cando morra', 'Mi trabajo más personal' e 'Aquarium'.
  • INTERNACIONAL. Xoves, 24 de outubro, ás 20.00 horas. Filme 'Pepe'.
  • INTERNACIONAL. 'El repartidor está en camino'. Venres, 25 de outubro, ás 18.00 horas
  • GALICIA 2. Venres, 25 de outubro, ás 20.00 horas. Filmes 'Quiet! birds sinking', 'Pechar caixas abrir caixas', 'To Bird or Not to Bird', 'Histeria do meu pequeno mundo', 'Platónico, platónica' e 'Lavadoiro'.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15071797370911