O Festival Atlantic Pride arranca este domingo coas actuacións de Supremme de Luxe, EME DJ e Eris MacKenzie
Eris MacKenzie, Supremme de Luxe e EME DJ serás as figuras encargadas de facer bailar ao público de 20.00 a 00.00h na xornada inaugural do Atlantic Pride este domingo, 7 de xullo, na Fundación Luis Seoane da Coruña.
Esta proposta musical da noite, que promete diversión e autenticidade polos catro costados, dará comezo coa mestura de tradición, electrónica e verbena do produtor e músico galego Eris MacKenzie, mentres que as pinchadas correrá a cargo dunha das artistas máis recoñecidas da escena indie-disco-pop de toda España, EME DJ, que chegará ao Atlantic Pride cos seus remix de himnos, ritmos bailables e moita boa onda. Contra as 22.00h subirase ao escenario a que é, sen dúbida, unha das actuacións máis esperadas desta 5ª edición do ‘Orgullo do Norte’ coruñés: a celebrada e carismática drag Supremme de Luxe, presentadora de Drag Race España e de Drag Race España: All Stars.
Debido á capacidade limitada da Fundación Luis Seoane, o acceso para esta primeira xornada do Atlantic Pride é con invitación. O festival activou o pasado mes de xuño a posibilidade de rexistro para facerse con unha das 300 invitacións dispoñibles, que esgotáronse en apenas unhas horas. As primeiras 300 persoas rexistradas, que teñen o seu lugar na lista de porta, deberán chegar ao recinto antes das 19.45 horas. Ás 20.10 horas, unha vez rematado o acceso das persoas rexistradas, se houbese baixas, abriranse as portas a todas as persoas que estea na cola ata completar a capacidade total do recinto, polo que os rexistrados "impuntuais" perderán o dereito prioritario a acceder.
Programa para o domingo 7 de xullo - Fundación Luis Seoane (20.00 a 00.00h)
20.00 horas - Eris MacKenzie
21.00 horas - EME DJ
22.00 horas - Supremme Deluxe
22.55 horas - EME DJ
Eris MacKenzie é o proxecto en solitario do produtor galego Carlos Eirís. A súa música é una viaxe ao interior, coa que calquera pode sentirse identificado. A través da electrónica máis pura, as muiñeiras, os alalás ou o mambo, o artista narra as experiencias que lle marcaron. Das máis felices ao problemas mentais. Eris MacKenzie chegará ao Atlantic Pride disposto a mover tarimas cunha proposta chea de frescura que mestura tradición, electrónica e verbena.
Marta Fierro, máis coñecida como EME DJ, ten unha das traxectorias más recoñecidas como DJ na escena indie-disco-pop de toda España. Así o avalan as súas diferentes nominacións aos Vicious Music Awards, ademais das e dos lectores da revista Rockdelux, que varios anos a nomearon a mellor DJ nacional. Máis aló da súa experiencia como dj en festivais e clubes de culto, Marta é divulgadora e educadora: imparte cursos e obradoiros e escribe libros sobre a profesión, ademais de colaborar en programas de radio e podcasts. Á súa labor se vincula un constante traballo por visibilizar os problemas vinculados á saúde mental na profesión de dj, así como novas propostas como achegar o mundo da música e o espectáculo a persoas con problemas de mobilidade ou agorafobia a través da realidade virtual.
Supremme de Luxe é cantante e actriz, universalmente coñecida como presentadora de Drag Race España e de Drag Race España: All Stars. O seu nome rende homenaxe a Diana Ross & The Supremes. Non en balde, a música e os looks dos anos 60 e 70 foron sempre unha das súas grandes inspiracións.
Supremme de Luxe fixo a súa aparición na escena do cabaret a finais dos 90. Desde entón, viaxa cos seus shows por toda España e traballa en televisión, cine, teatro, radio e todo tipo de eventos. É unha das poucas artistas españolas que se presenta case a diario en diferentes salas da capital e pode presumir, ademais, de posuír unha consolidada carreira no mundo do teatro.